MÁS INFORMACIÓN AQUÍ

 

SALA X, Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra exporá

IN-OUT HOUSE.

Circuitos de género y violencia en la era tecnológic

 

 

  • A mostra, coorganizada entre a Plataforma de Arte Contra la Violencia de Género (ACVG), a Área de Gestión Cultural de la Universidad Politécnica de Valencia e a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, inaugurarase o próximo xoves 14 de marzo, ás 20.00 horas, na Sala X

     

  • A violencia de xénero, representada na arte feminista e activista contemporánea de España e América Latina coas novas tecnoloxías como principal soporte, é o tema dunha exposición comisariada por Mau Monleón na que participan, entre outros moitos e outras moitas artistas, primeiras espadas internacionais como Suzanne Lacy, Lorena Wolffer ou Regina José Galindo

     

  • 44 artistas e colectivos mostran a súa obra nunha exposición aberta ata o próximo 30 de abril

 

 

Dentro dun proxecto de colaboración entre a Universidad Politécnica de Valencia e a Universidade de Vigo, a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra acolle a mostra IN OUT HOUSE. Circuitos de género y violencia en la era tecnológica.

Exposta por primeira vez en Valencia, en novembro de 2012, co gallo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller, agora é mostrada na Sala X de Pontevedra, en torno ao 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Esta exposición itinerante é unha selección da realizada anteriormente na Universidad Politécnica de Valencia e poderase visitar a partir do próximo xoves 14 de marzo e ata o 30 de abril de 2013.

A mostra, comisariada pola doutora en Belas Artes, artista e profesora da UPV, Mau Monleón, ten por obxectivo a confrontación directa frente ao grave problema a través da arte feminista e activista contemporánea de España e América Latina, que utiliza fundamentalmente as novas tecnoloxías como soporte. Así, un total de 44 artistas e colectivos, incluíndo personalidades teóricas e prácticas do prestigxo da estadounidense Suzanne Lacy (obra invitada especial dada a consideración da autora norteamericana como pioneira na loita contra a violencia cara ás mulleres), a guatemalteca Regina José Galindo ou a mexicana Lorena Wolffer, presentan a súa obra en web, vídeo e/ou fotografía a miúdo en relación coa performance.

A exposición, patrocinada polo Ministerio de Economía y Competitividad e a UPV, coordinada polo Laboratorio de Creaciones Intermedia e coa colaboración do grupo de investigación arxentino Continente, é acompañada dunha publicación elaborada con textos teóricos escritos ex profeso pola comisaria e os e as colaboradores: Rocío de la Villa, Juan Vicente Aliaga, Emilia Quiñones, Irene Ballester, Ana Navarrete e Carmen Navarrete.

A inauguración terá lugar o próximo xoves 14 de marzo, a partir das 20.00 horas, na Sala X, Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra, Facultade de Belas Artes.

A exposición, que poderá visitarse de luns a venres laborables entre as 12.00 e as 14.00 e de 19.00 a 21.00 horas, abrangue un campo interdisciplinar que inclúe ciclos de video realizados e compilados ex profeso, a mostra da Plataforma ACVG e a exposición de carteis realizada por Feminicidios.net.

 

Arquivo adxunto:

Si ella es México, ¿quién la golpeó? (Lorena Wolffer, 1998). Performance, vídeo/DVD/fotografía. 8:18min. (Fotografía de Eugenio Castro)

Para máis información:

-Mar Caldas / Coordinadora da Sala X, Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra / 620.74.12.18 / sala-x@uvigo.es

-Mau Monléon / Plataforma ACVG / 666.988.504 / artecontraviolenciadegenero@gmail.com / emonleon@esc.upv.es

MAV también es

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies